O concelleiro de promoción económica Pablo Villamar vén de presentar no Concello de Narón a nova edición do GastroEntroido organizado polo Club Narón Gastronómico.

E hoxe mesmo comeza a campaña de captación de establecementos participantes no Concurso de Tapas ‘Entroido 2017’ que se desenvolverá do 23 de febreiro ao 1 de marzo.

O prazo para se inscribir remata o vindeiro martes 14 de febreiro.


Os establecementos interesados podédesvos apuntar a través de dúas vías:

  • Teléfono: 981 337 700 (ext. 1204)
  • Correo-e: narongastronomico@naron.es

  • Participantes:

    Cervecería Australian, cervecería Índalo, cervecería O Druída, bar Vituco, Gastrobar Piñeiros, mesón O Pío, restaurante A Trasanquesa, cafetería Soul, Parrillada do Couto, café-bar Gola, Folsom-La Quinta, cervecería Nueva Orleans, cervecería Ponte Castela, Romero I, Romero II, Silver 200 Monjes, La Barra de Oro, hostal restaurante Carballo, mesón O Muíño, mesón O Conxuro, casa Sindo, café bar Ortegal.


    Bases de participación do "V Concurso de tapas Entroido 2017"


    Descarga o folleto da ruta "V Concurso de tapas Entroido 2017"!