Horario: 17.00 a 20.00 h.
Lugar: Centro de Formación Irmáns Froilaz (Polígono da Gándara)
Relator: Roberto Filgueira,, membro do Grupo Nove, cociñeiro e propietario de O Balado Marta e Roberto.
Obxectivo: ofrecer a mellor imaxe posible do sector, dotando aos profesionais dos coñecementos teóricos e prácticos necesarios para que poidan ampliar a súa oferta gastronómica, é o principal obxectivo do Obradoiro sobre a Anguía que organiza a Concellaría de Promoción Económica do Concello de Narón, dentro das accións previstas polo Club Narón Gastronómico.
Neste obradoiro abordarase desde un punto de vista teórico un produto tan especial como a Anguía, as diferentes técnicas que se poden empregar para tratala, ademais de ofrecer unha importante carga de práctica para a elaboración de distintas preparacións propostas, coa participación activa dos asistentes no proceso.
En liñas xerais, o curso pretende mellorar a calidade gastronómica dos negocios de restauración,modernizar a cociña local, promover a especialización na elaboración de determinadas receitas por parte de cada un dos establecementos participantes, asesoralos de cara á inclusión deste produto nos seus menús, enriquecendo esta parte fundamental da carta.