Logo do pregón, e antes do xantar, a Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto fixo entrega do 'Pemento de Honra' que este ano foi para Grupo Nove.
Nun emotivo acto, o premio foi recollido por Juan Manuel Crujeiras Lista no nome dos 24 cociñeiros que compoñen a asociación gastronómica recentemente galardoada cunha medalla Castelao, e que tanto fai por visibilizar a cociña galega, os produtos de calidade e a riquísima oferta enogastronómica de Galicia.
Numeroso público asistiu a esta cerimonia, previa á Festa do Pemento do Couto, e á que asistiron, ademais do cociñeiro Nove, o alcalde do Concello de Narón, o pregoeiro, o xerente da Cooperativa do Campo Galego O Val-Narón, así como os membros da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto que xa conta cun membro máis.