Xornada de intercambio experiencial dirixida principalmente aos produtores da horta de Narón e aos establecementos hostaleiros co obxectivo de amosar o traballo colaborativo entre o pequeno produtor e o sector hostaleiro, establecendo sinerxias que poñen en valor o produto e as elaboracións propias.

Esta xornada contará coa participación de Santiago Pérez, propietario de Finca Los Cuervos, proxecto nacido para proveer á alta hostelería galega de produtos de horta premium, con selo ecolóxico; e Iván Domínguez, un dos cociñeiros de vangarda máis galardoados e recoñecidos e director gastronómico do Restaurante Alborada, que conta cunha estrela Milchelín. Durante a sesión tamén se falará da importancia da innovación como ferramenta básica para incrementar a competitividade do sector.

Lugar de celebración:

Cooperativa do Val


Día e hora:

Martes 12 de xullo ás 17.30 h.