O Concello de Narón e o Club Narón Gastronómico organizan a presentación do Proxecto ‘Cen mil motivos de peso’ e o posterior showcooking con degustación, cos seguintes contidos:

  • Interveñen: Marián Ferreiro Díaz (Alcaldesa de Narón), Pablo Villamar (Concelleiro de Promoción Económica), Carlos Piñeiro Diaz (promotor do proxecto) e Iván Méndez Álvarez (cociñeiro)

  • Data: Mércores 4 de xullo a partir das 20.30 h (duración aprox. 60 min)

  • Lugar: Café Teatro do Pazo da Cultura

  • Non é necesaria inscrición previa

  • Acto aberto a toda a cidadanía (aforo máximo 100 persoas)


  • Obxectivo:

    - Difundir o proxecto dirixido a fomentar a gastronomía saudable, os bos hábitos alimenticios, a prevención da obesidade e as doenzas cardiovaculares en toda a poboación naronesa.


    Sodes imprescindibles para o éxito da iniciativa, contamos con vós!

    #NarónSaudable #CenMilMotivosDePeso #PoboGastronómicoEuropeoDeDietaÁrtabra