O concelleiro de promoción económica Pablo Villamar vén de presentar no Concello de Narón a nova edición do GastroEntroido organizado polo Club Narón Gastronómico.

E hoxe mesmo comeza a campaña de captación de establecementos participantes no Concurso de Tapas ‘Entroido 2018’ que se desenvolverá do 8 ao 14 de febreiro.

O prazo para se inscribir remata o vindeiro luns 29 de xaneiro.


Os establecementos interesados podédesvos apuntar a través de dúas vías:

  • Teléfono: 981 337 700 (ext. 1204)
  • Correo-e: narongastronomico@naron.es

  • Participantes:

    Cervexaría Australian, cervexaría Nueva Orleans, El Colonial, Gastrobar Mama Flora, Cervexaría Indalo, Cervexaría-xamonería La Salmantina, Romero II, Asociación de Veciños Virxe do Mar, Mesón Terra Meiga, Parrillada do Couto, Casa Sindo, Bar Vituco, Gastrobar Piñeiros, Mesón O Pío, Silver 200 Monjes, cafetería La Profecía, café-bar La Rockola, Romero I, restaurante A Trasanquesa e A Grella dos Avós.


    Bases de participación do "VI Concurso de tapas Entroido 2018"


    Descarga o folleto da ruta "VI Concurso de tapas Entroido 2018"!


    Relación de premiados no VI Concurso de tapas de Entroido 2018