A anguía, produto que hai anos tiña un peso importante na gastronomía de Narón e comarca e que, co paso do tempo, foi perdendo presenza tanto a nivel doméstico como na oferta hostaleira da bisbarra. Queda, con todo, unha ampla cultura popular sobre a súa extracción e as posibilidades gastronómicas asociadas a ela que, dende o Concello de Narón, a través do Club Narón Gastronómico, estamos decididos a recuperar e revitalizar.
A anguía é un peixe azul que pasa a meirande parte do seu ciclo vital en augas doces, aínda que se reproduce no mar. Rica en ácidos graxos insaturados, minerais como potasio, fósforo, ferro, iodo e zinc, e vitaminas A, D, E, sendo especialmente fonte de vitamina B2, tanta como posúen os ovos, o fígado ou os lácteos.
Afumada, ao espeto, escabechada, en tempura, guisada, fritida, en ensalada, salteada, en sopa, en brochetas alternando touciño, cebola, cogomelos... Goza de todo o sabor deste peixe de carne saborosa, fina e cremosa que enriquece a variada oferta gastronómica de Narón e aspira a se converter noutro dos seus produtos estrela.
Bo proveito!!
Anacos, A Roldana, A trasanquesa, Gastrobar Piñeiros, Hotel Valcarce, Mamá Flora, Nueva Orleans e Restaurante Marcial.