A cociñeira do Grupo Nove, Lucía Freitas (Restaurante A Tafona. Santiago de Compostela) deu o pistoletazo de saída á Festa Gastronómica do Pemento do Couto o sábado 15 de xullo ás 19.30 horas, cun showcooking aberto ao público que se celebrado no local social da Asociación de Veciños.

A chef do Grupo Nove, Segunda Mejor Cocinera del Año en 2016, elaborou as seguintes creacións “Pementos do Couto, pan de castañas e sardiñas”, “Pementos con chocolate branco e alfábega” e “canelón de tenreira galega, pementos do couto e trufa negra” e argumentou a idoneidade do Pemento do Couto, polas súas peculiares características, para formar parte dos pratos de vangarda. Trátase dun produto con Indicación Xeográfica Protexida, cuxa calidade está garantida, e ademais é unha especie de pemento doce que non pica, nunca, pola ausencia de capsaicina, o que o fai ideal para elaboracións nas que o picante non estrague os sabores do resto dos ingredientes, senón que os reforce e acompañe.


Showcooking de Lucía Freitas
Showcooking de Lucía Freitas
Showcooking de Lucía Freitas