O Concello de Narón e o Club Narón Gastronómico organizan o ‘Obradoiro sobre cociña saudable e Menú Ártabro’, dirixido aos profesionais da hostalería de Narón, de carácter gratuíto e cos seguintes contidos:

  • Inscrición: por teléfono [607 082 232] e por correo [narongastronomico@naron.es]


  • Período de inscrición: do 15 ao 22 de xuño


  • Imparten: un nutricionista e un cociñeiro

  • Data: martes 26 de xuño en horario de 17 h a 20 h


  • Lugar: Centro de Formación Irmáns Froilaz da Gándara



  • Obxectivos:

    - Dotar aos responsables das cociñas de recursos teóricos e prácticos para ampliar a mellorar a oferta gastronómica do seu negocio con menús saudables
.

    - Fomentar a gastronomía saudable, os bos hábitos alimenticios, a prevención da obesidade e as doenzas cardiovaculares a través da implantación do Menú Ártabro nos establecementos de hostalería de Narón que se sumen á proposta.


    Carta do Concelleiro de Promoción Económica de Narón