O Club Narón Gastronómico en colaboración coa Cooperativa do Val desenvolve a IV Ruta Gastronómica Horta Narón, unhas xornadas de degustación gratuíta de tapas elaboradas con Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago, que teñen como obxectivo poñer en valor os produtos da horta e reactivar o sector hostaleiro.
As persoas que se acheguen aos establecementos inscritos poderán participar no sorteo de cestas con produtos da horta (haberá tantas cestas como negocios participantes nas xornadas) se consumen a tapa típica da ruta e depositan o cupón cos seus datos na urna correspondente. Tamén se sorteará unha fin de semana enogastronómica no Ribeiro e catro vales de compra nos establecementos MERCAVAL, un por un importe de 200 euros e 3 por un importe de 100 euros. A Ruta Gastronómica conta coa colaboración do C.R.D.O. Ribeiro.
Romero I, Romero II, Silver 200 monxes, Mesón Bugatti, Cervecría El Mercado, Parrillada do Mercado, Parrilllada do Couto, Australian, Mesón O Pío, Restaurante A Trasanquesa, Cervecería Nueva Orleans, Cervecería Folsom-La Quinta, Hostal Restaurante Carballo, Cervecería O Paseo e Tokiño.