A Semana do Marisco busca a posta en valor dos produtos do mar e da actividade marisqueira da nosa Ría, dotada dunha riqueza e biodiversidade excepcional. Trátase de favorecer a economía sostible e a alimentación saudable baseada no produto fresco e de proximidade, fomentando entre os profesionais da hostalería e a veciñanza en xeral o consumo de produtos locais extraídos da Ría e que, sen embargo, non se soen atopar entre a oferta habitual presente en cartas, menús e tapeo.

A finalidade desta Semana do Marisco, organizada polo Concello de Narón a través do Club Narón Gastronómico, é a de axuntar a oferta, a produción e o labor extractivo da Confraría de Barallobre e as Lonxas da Ría de Ferrol cos puntos de consumo máis importantes que, neste caso, constitúen os establementos de hostalería do concello de Narón que se sumaron a esta iniciativa.

Os produtos protagonistas serán estas 5 especies de marisco dunha calidade extraordinaria que se poderán degustar en formato tapa, menú, ración, etc. dependendo da tipoloxía do establemento: Ostra salvaxe, Zamburiña, Ameixa Rubia, Mincha e Carneiro.

Bo proveito!!


Participantes:

A Bruxiña do Norte, A Grella dos Avós, Anacos, A Roldana, A Trasanquesa, Casa Sindo, El Colonial 1920, El Refugio, Gastrobar Piñeiros, Mamá Flora, Marcial e O Pío.


Descarga o folleto da Semana do marisco!