Concurso de tapas entroido 2020 Narón

O concelleiro de promoción económica David Pita vén de presentar no Concello de Narón a nova edición do concurso de tapas de entroido, que comenzará o 21 de febreiro e rematará o 1 de marzo.

Os establecementos participantes someteranse ao criterio do público que exercerá de xurado popular degustando e valorando as súas elaboracións.

Tamén os establecementos que así o desexen, someteranse a unha cata a cegas na que dous "chefs" de recoñecido prestixio nacional puntuarán a presentación, dificultade técnica e sabor das tapas presentadas.

Participantes:

A Roldana, Australian, café bar Ramil, Casa Sindo, Estrela do Ponto, Gastrobar Piñeiros, La Cantina, La Continental, La Panadería, La Perfecta, La Salmantina, Mamá Flora, Mesón O Pío, Mestura, Novo O Tapeo, Nueva Orlean's, Nuevo Mercado, Os Cazadores, Silver e 3 Pés.


Bases de participación do "Concurso de tapas Entroido 2020"


Descarga o folleto co listado dos locais participantes no "Concurso de tapas Entroido 2020"!