O Showcooking ‘Creacións con marisco a 4 mans’ centrarase nas 5 especies de mariscos da nosa ría que xa protagonizaron as Xornadas: Ostra salvaxe, Zamburiña, Ameixa Rubia, Mincha e Carneiro. De calidade extraordinaria, estarán versionados nesta ocasión por Beatriz Sotelo e Iñaki Bretal, dous influíntes cociñeiros galegos que aportarán a súa creatividade e a impronta propia dos seus territorios de orixe, contrapoñendo o xeito de preparar o marisco no norte e no sur de Galicia.


Poderedes vela en acción e degustar delicias en vivo e en directo... Apuntádesvos ao planazo?



  • Organiza: Concello de Narón

  • Relator: Beatriz Sotelo (cociñeiro) e Iñaki Bretal (cociñeiro)

  • Datas e lugar: Xoves, 29 de novembro, a partir das 19.30 h // Café-Teatro Pazo da Cultura

  • Entre as creacións que elaborarán en vivo e en directo para todas aquelas persoas que queiran gozar do espectáculo e o sabor, están:
      - Carneiro de mar con lactonesa de man de Buda
      - Ostra gratinada con crema de queixo, lima e pementa
      - Ameixa rubia con crema de cebola
      - Zamburiña lañada con emulsion de codium
      - Carneiros ao natural, ají amarelo e escuma de champagne
      - Ostras en escabeche cítrico
      - Zamburiñas á tixola de ferro, kimchie e algas
      - Ameixas ao albariño con ajilimójili, etc.


  • Obxectivo:

    #NarónSaudable

    #CociñadeProduto

    #CociñandoMar