O CLUB


O Club Narón Gastronómico nace como foro de participación e colaboración entre o Concello de Narón e os profesionais do sector hostaleiro, facendo de catalizador coa contorna social, económica e empresarial.

Obxectivos

  • Propoñer e desenvolver actuacións innovadoras cuxa finalidade sexa promover a mellora global do colectivo.
  • Potenciar a cualificación profesional con actividades formativas, relatorios, talleres e charlas.
  • Incrementar o talento con ferramentas que melloren a competitividade.
  • Poñer en valor e dar a coñecer os produtos alimentarios que se producen e comercializan no concello de Narón.
  • Crear sinerxias entre o sector hostaleiro o ámbito empresarial e a sociedade en xeral promovendo un mellor coñecemento dos produtos e servizos hostaleiros da comarca.
  • Difundir dentro e fóra de Narón os procesos de calidade levados a cabo e potenciar o seu sector hostaleiro e produtivo.
  • Antecentes

    A creación do Club supón un salto cualitativo no proceso de dinamización do colectivo hostaleiro, que comezou no ano 2013 coa posta en marcha do Programa Narón Gastronómico, un marco baixo o cal desenvolvéronse numerosas actuacións para reactivar o sector e nas que participaron nas súas diferentes edicións máis de 50 establecementos do Concello.

    Pincho do Narón Gastronómico
    Pincho do Narón Gastronómico
    Pincho do Narón Gastronómico

    As nosas cifras

    CLUB NARÓN GASTRONÓMICO

    28

    Establecementos

    2100

    Elaboracións

    5800

    Visitantes

    105

    Premios

    ADHESIÓN


    Para poder participar nas actividades de promoción do sector hostaleiro que desenvolve o Concello de Narón será necesario adherirse ao Club Narón Gastronómico, asumindo os compromisos derivados da pertenza ao mesmo e con suxeición plena a todos eles e que son, a saber:


    • Aceptar as normas de participación das iniciativas de mellora e desenvolvemento que se leven a cabo.

    • Participar no maior número de actuacións programadas.

    • Propoñer actuacións e avaliar as desenvolvidas co fin de mellorar de forma progresiva o sector.

    • Acudir ás xuntanzas e encontros programados que convoque o Club.

    Descarga o formulario no seguinte enlace para adherirte ao club!

    Concurso de Tapas

    Entroido 2020

    21 de febreiro a 1 de marzo

    Saborea as creacións gastronómicas nos mellores locais de hostelería de Narón.


    Ven a degustar...!

    INTEGRANTES


    Poderán adherirse ao Club Narón Gastronómico os empresarios do sector hostaleiro que desenvolvan a súa actividade no Concello de Narón, así como as empresas produtoras e comercializadoras, cooperativas e entidades que realicen a súa actividade neste ámbito e estean interesadas en mellorar a competitividade do seu negocio poñendo en valor a hostalería local.

    NOTICIAS


    Aquí atoparás as noticias ou eventos relacionadas coa gastronomía da nosa cidade

    Tarta de Narón 2023

    🌱 ᑭEᗰEᑎTO ᗪO ᑕOᑌTO🌱 SHOWCOOKING

    Este sábado 8 de xullo desenvolveuse o showcooking co #PementoDoCouto como ingrediente estrela, a cargo do naronés 𝘈𝘥𝘳𝘪á𝘯 𝘗é𝘳𝘦𝘻, cociñeiro á fronte do Restaurante Sinxelo.

    Ler máis
    Tarta de Narón 2023

    Aberto prazo de inscrición a Xornada Formativa sobre a Tarta de Narón

    A Tarta de Narón é unha marca rexistrada polo Concello de Narón, acompañada dunha imaxe do muíño das Aceas e as chaves do escudo da cidade. Con intenso sabor a noces, non leva glute, polo que é apta para celíacos.

    Ler máis
    Concurso de tapas entroido 2020

    Concurso de tapas de entroido 2020

    Un total de 20 establecementos de Narón participarán nesta edición que contará cunha proba de cata a cegas con xuices de prestixio nacional.

    Ler máis

    "Showcooking a 4 mans Creacións con marisco"

    O Showcooking ‘Creacións con marisco a 4 mans’ centrarase nas 5 especies de mariscos da nosa ría que xa protagonizaron as Xornadas: Ostra salvaxe, Zamburiña, Ameixa Rubia, Mincha e Carneiro.

    Ler máis

    "Os sabores da ría no prato"

    14 establecementos de hostalería incluirán nas súas cartas algunha creación gastronómica cos 'Mariscos da Ría' como protagonistas do 14 ao 17 e do 21 ao 24 de novembro.

    Ler máis

    "2ª Xornadas da Anguía do Xuvia"

    Por segunda vez, 8 establecementos de hostalería incluirán nas súas cartas algunha creación gastronómica coa 'Anguía do Xuvia' como protagonista.

    Ler máis

    "Semana do marisco"

    12 establecementos de hostalería incluirán nas súas cartas algunha creación gastronómica cos 'Mariscos da Ría' como protagonistas do 19 ao 29 de xullo. É unha iniciativa do Concello a través do Club Narón Gastronómico, que promove o consumo de 5 especies de extraordinaria calidade.

    Ler máis

    "Showcooking con degustación de Pemento do Couto"

    Seguimos imparables na promoción dos fantásticos recursos gastronómicos e hostaleiros de Narón, nesta ocasión difundindo a excelencia do noso produto estrela: o #PementoDoCouto, con Indicación Xeográfica Protexida e cualidades únicas, nas mans dunha das mellores chefs do país.

    Ler máis

    Obradoiro "Produtos da ría: mariscos"

    Ofrecer a mellor imaxe posible do sector, dotando aos profesionais dos coñecementos teóricos e prácticos necesarios para ampliar a oferta gastronómica dos seus establecementos, incluíndo os excelentes produtos da ría, é o principal obxectivo do Obradoiro ‘PRODUTOS DA RÍA: MARISCOS’

    Ler máis

    Presentación do Proxecto e showcooking

    O Concello de Narón e o Club Narón Gastronómico organizan a presentación do Proxecto ‘Cen mil motivos de peso’ e o posterior showcooking con degustación.

    Non é necesaria inscrición previa. Acto aberto a toda a cidadanía (aforo máximo 100 persoas).

    Ler máis

    Obradoiro: cociña saudable e menú ártabro

    O Concello de Narón e o Club Narón Gastronómico organizan o ‘Obradoiro sobre cociña saudable e Menú Ártabro’, dirixido aos profesionais da hostalería de Narón

    O prazo para se inscribir remata o vindeiro venres 22 de xuño.

    Ler máis

    VI Concurso de tapas Entroido 2018

    O concelleiro de promoción económica Pablo Villamar vén de presentar no Concello de Narón a nova edición do GastroEntroido organizado polo Club Narón Gastronómico.

    O prazo para se inscribir remata o vindeiro luns 29 de xaneiro.

    Ler máis

    Semana da Anguía

    12 establecementos de hostalería incluirán nas súas cartas algunha creación gastronómica coa 'Anguía do Xuvia' como protagonista. É unha iniciativa do Concello a través do Club Narón Gastronómico, que pretende promover o consumo dun peixe de fonda tradición na comarca.

    Ler máis

    Obradoiro da ANGUÍA para profesionais da hostalería

    6 horas de formación arredor da Anguía, as súas peculiaridade e posibilidades de preparación, a cargo de Roberto Filgueira, chef de 'O Balado Marta e Roberto' e membro do Grupo Nove.

    Ler máis

    ACTIVIDADES


    Estas son todas as actividades que fomos facendo dende a creación do Narón Gastronómico

    CLUB NARÓN GASTRONÓMICO

    "ENTROIDO 2020"

    DO 21 DE FEBREIRO AO 1 DE MARZO,
    O ENTROIDO É O PROTAGONISTA,


    VÉS PROBAR AS NOSAS TAPAS?

    DESCARGAR O FOLLETO

    CONTACTO


    Aquí tedes toda a información necesaria para contactar con nós

    Se tes algunha dúbida, contacta con nós!

    Praza de Galicia, s/n · 15570 Narón

    981 337 700 [ext. 1054]

    narongastronomico@naron.es